miércoles, 23 de junio de 2010

San Xoán

A noite de San Xoán é unha das festas máis ricas en lendas, crenzas e costumes da nosa cultura. É unha noite máxica na que todo pode ocorrer. Lembrade apañar as herbas de San Xoán, amarralas nun feixe, cubrilas ben de agua e deixalas fóra toda a noite. Retiralas antes de que lle de o sol e con esa agua, lavade a cara, para así purificar o corpo. As herbas de San Xoan......Tromentelo, folla de cana, seoane, ruda, herba luisa, manzanilla, ortelán, mildrastes, fiunchos, herba de san Xoán, espadaina, puenso, herba lemona, lirio, romeo, ourego, loureiro, allo, rosas, follas de nogueira con tres noces, fento rizado, herba do Carme, silveira, folla de figueira, folla de olmo, folla de laranxeira, malva-rosa, hortensia,pico do demo,folla de viña blanca,herba de santa Ana e moitas outras, en cada lugar pode ser moi distinta a variedade das herbas. Di a tradición, que ao amencer do día 24 de xunio, o sol sae bailando no firmamento, e tódalas meigas da terra bailan ao seu ritmo. A divertirse nesta festa pagana,saltando fogueiras, comendo sardiñas, unha boa queimada e botando fora todo o malo...e lembrade sempre que "habelas, hainas"

Archivo Blog

Etiquetas

Personas que visito a menudo

Personas que decidieron quedarse :)

RAPACIÑA

Es imperdonable que no hiciese una entrada para Rapaciña.La tengo desde hace un montón de años, mucho antes de dejar de subir muñecas al blo...