Porque esta é a fror da esperanza, é para tí

E esta outra tamén o é, e tamén e para tí

Pero esta é a miña preferida de tódalas frores que significan esperanza, esta nace no inverno, no medio da neve, en condicións nas que outras frores non nacerían nunca, no peor e máis frio dos tempos, e mira que bonita é

Sei que eres forte,moito, somos mulleres fortes, máis do que nos creemos, cicais a vida nos fixo así de fortes a base de golpes,pero sempre saímos, sempre, e xa verás como seguiremos saíndo,todas xuntas, todas en piña, como os mosqueteiros ou os "Corleone" que diría Antía.
Quérote e sei que pronto isto será parte do pasado, porque ter esperanza non é fuxir dos problemas, se non coller forza para enfrentarse a eles, tí ben sabes que pasamos por moitas e esta será unha máis.
Chora si tes que chorar, que fai moito ben, pero por favor non te esquezas de rir, mira adiante e ríe, disfruta dos teus, disfruta de nos,que nos tes,sei que o sabes.
E coma a campaniña de inverno,florece, ainda que as condición sexan duras,as peores...florece sempre.
Bicos,coma sempre para miña xente, sempre serán con brazos...